A situación interior e a elevada altitude media, dan lugar a un clima de montaña cunha temperatura media anual de 10º C, como consecuencia dun inverno frío e un verán moderado. As precipitacións, eventualmente, son en forma de neve.
Información extraída do Informe naturalístico do Documento de aprobación inicial de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Fonsagrada (Lugo) Febreiro 2005 realizado por Carlos Vales (coordinador), Manuel A. Rodríguez Guitián (vexetación e áreas de interese natural) e Javier Ferreiro (áreas de interese natural).
Situada nas latitudes medias, no borde occidental uno continente, Galicia conta cun clima que pode ser definido como Subtropical fresco de inverno chuvioso (Martínez Cortizas, 1987, en Macias & Calvo, 2001). Agora ben, dentro diste marco climático xeral, podemos atopar numerosos matices que falan da enorme diversidade de climas locais en Galicia, incluso a nível de microescala, como o propio concello da Fonsagrada se encarga de demostrar. As características xerais da climatoloxía da Fonsagrada veñen delimitadas por tres factores que exercen unha indubitable influencia. En primeiro lugar, a sua situación xeográfica, no interior oriental de Galicia; en segundo lugar, a elevada disposición topográfica das terras do concello, na medida en que forma parte do bloque oriental que inclue as superficies máis elevadas do territorio galaico; e, en terceiro lugar, a extraordinaria disparidade topográfica, con cumes por riba dos mil metros e, ao seu carón, profundos embarrancamentos fluviais que definen niveis escalonados e terras baixas e encaixadas. O primerio factor condiciona as características do clima rexional global, a saber, estamos nas latitudes medias e no borde occidental do continente europeo, o que significa a presencia de catro estacións ben definidas, clima temperado, humidade elevada pero con contrastes estacionais e papel moderador do océano. O carácter interior da Fonsagrada no contexto galaico implica característcas de continentalidade relativa e, por tanto, maiores contrastes térmicos que os que se producen nas terras costeiras. E así é, posto que a Fonsagrada presenta unhos contrastes térmicos anuais por riba dos 12· C (Romaní Barrientos, 1996). En segundo lugar, a altitude do territorio do concello ten unhas implicacións climáticas incuestinables, que se manifestan tanto nas temperaturas como nas precipitacións. En canto a estas últimas, son elevadas, situándose por riba dos 1000 litros anuais, característica compartida por todas as serras orientais, so superadas por localidades costeiras con características locais especiais ou por os enclaves xeográficos de altitudes maiores. A altitude tamén influe nas temperaturas, sendo especialmente relevante a reducción das temperaturas mínimas, que provoca un incremento do número de dias anual con risco de xiadas. Iste factor ten unha importancia ecolóxica fundamental, tanto para as comunidades biolóxicas naturais como para os cultivos. O terceiro factor ao que facíamos referencia como condicionante principal da climatoloxía fontagradina estriba na enorme diversidade topográfica, que inclue barrancos, vales fluviais con diferntes orientacións, superficies de aplanamento situadas de forma escalonada, cumes de serra, altitudes achairadas,…Todos istes elementos van condicionar unha notable diversidade climática a microescala. Así, Guitián et al. (1985) teñen calculado en estudios aplicados a outras zonas da montaña luguesa gradentes pluviométricos de 150 mm de aumento da precipitación por cada 100 m. de aumento da altitude, e gradentes termométricos de disminución da temperatura media en 1·C por cada 150 m de incremento de altitude. E Martínez Cortizas et al., 1999, na revisión máis completa feita ate o momento da climatoloxía galega dividen o territorio en oito sectores para facer as correspondentes correccións altitudinais, correspondéndolle á Fonsagrada un gradente térmico de 0.5 ºC cada 100 m e un gradente pluviométrico de 75 litros tamén por cada 100 m de altitude. A importancia destes referentes queda plenamente evidenciada cando analizamos os datos das estacións meteorolóxicas utilizadas neste traballo se facemos as correspondentes extrapolacións. Dada a disposición da principal estación meteorolóxica de referencia, podemos esperar localidades con 3ºC máis de temperatura media e 500 litros menos de precipitación e, á inversa, localidades onde caen arredor de 2000 litros anuais de precipitación. Se a isto lle engadimos os efectos a orientación e da topografía, o resultado é que na Fonsagrada podemos atopar unha extraordinaria variedade de microclimas e climas locais, ate hoxe non suficientemente estudados por falta de estacións de referencia que subministren series de datos históricas, pero postos en evidencia polas comunidades vexetais e as especies existentes que, con frecuencia, son indicadores moi fiabeis das limitacións climáticas, como reflexaremos posteriormente. As brétemas provocadas pola inversión térmica, son unha situación típica de condicións anticiclónicas durante o inverno. O certo é que os datos das estacións meteorolóxicas son moi limitados para facer análises detalladas. Para ter unha visión un pouco máis ampla utilizamos como referencia tamén ás estacións meteorolóxicas máis próximas á da Fonsagrada. Todas se situan por riba dos 800 m. salvo a de Navia, pero nesta última carecemos de datos termométricos, polo que necesariamente nos temos que mover no terreo das proxeccións. A información disponible confírmanos as análises feitas con anterioridade. As precipitacións son en xeral moi elevadas, por riba dos 1000 litros anuais en todas as estacións situadas a maior altitude e con unha previsión de incremento nos cumes debido ao efecto de altitude ben coñecido por todos os climatólogos, mentras disminue na estación de Navia, ainda que non tanto como as previsións sinaldas con anterioridade. As maiores precipitacións teñen lugar durante os meses de inverno, seguidas de perto polo outono, cun máximo no mes de Decembro, mentras a estación máis seca é, loxicamente, o vran, cun mínimo de precipitacións no mes de Xullo. De todas maneiras, as chuvas son suficintemente significativas no vran como para non poder falar de auténtica sequia estival. Polo que fai ás temperaturas, seguen un réxime moi similar ao pluviométrico, posto que as temperaturas máis frias acontecen no inverno e as máis cálidas no vran, como era de esperar. O mes máis frio é o de Xaneiro e o máis cálido o de Xullo-Agosto, posto que os dous meses presentan medias moi similares. Compre voltar a insistir en que estas temperaturas reflexan as condicións do emplazamento das estacións meteorolóxicas, non sendo extrapolables de maneira directa á totalidade dun termo municipal con tanta diversidade topográfica como o da Fonsagrada, sendo preciso facer as correccións anteriormente sinaladas, ademáis co factor adicional a ter en conta da inversión térmica, é decir, da acumulación de masas de ar frias no fundo dos vales, que ten unha importancia significativa durante o inverno en presencia de condicións meteorolóxicas anticiclónicas. Tamén a disposición das serras xoga un papel na climatoloxía local, ao facer de barreira no norte do municipio ás masas húmidas e néboas típicas do vran provintes do cantábrico, de maneira que as terras pertencentes á bacia do Navia, no sul e leste do municipio, son máis secas e cálidas que as drenadas polo Eo e situadas a similar altitude. OMBROCLIMA: é hiperhúmido ( >1400 mm) e probablemente debaixo dos 500 m. será ombroclima húmido. Unha forma adicional de entender o clima da Fonsagrada é a través do réxime ombrotérmico, unha análise que combina a información termométrica e pluviométrica –as duas variables principias do clima- e que permite comparar un clima rexional ou local concreto cos grandes tipos de clima. O estudo comparativo dos reximes ombrotérmicos pódese facer a través dun diagrama, proposto por Gaussen , quen considera seco aquel mes no que as precipitacións, expresadas en litros/m2, teñan un valor menor que o dobre da temperatura media, expresada en ºC. Para representar o diagrama de Gaussen as escadas elíxense de maneira que os valores da temperatura media mensual, en ºC, se correspondan co dobre da precipitación. A intensidade e duración da sequía estímase valorando a área na que a curva de precipitación queda por debaixo da de temperatura. Polo que se pode comprobar para a estación da Fonsagrada, non existe período de sequía estival, ainda que esta estación non representa a totalidade das condicións climáticas do municipio. Se queremos ter unha imaxe das características climáticas da Fonsagrada dentro do contexto galego é moi útil recorrir ao mapa de dominios ombrotérmicos elaborado por Martínez Cortizas & Pérez Alberti (1999) que, dentro dun panorama de enorme diversidade, situa ao concello en reximes que van de secos e temperados a outros húmidos e frios, o que non fai senón poñér de manifesto as enormes diferencias na topografía local que caracterizan ao municipio no seu contexto rexional. |
|
Plano de Temperaturas | |
Plano de Precipitacions | |
Plano de Xeadas | |
Plano Ombrotérmico | |
Plano de Déficit hídrico | |
Plano de Evotranspiración |