Poboación 2020: 17 veciños.
Distancia a Fonsagrada: 16,3 Km.
Altitude: 490 m. Código
postal: 27.135
Accesos: Pódese acceder desde Paradavella collendo a
estrada de Piñeira, percorridos uns 2 Km. collemos a dereita polo medio do pobo
de Rieiro, e a uns 1, 3 Km. chegamos a Pastoriza. Tamén se pode coller unha
pista dende a LU-530 frente o cruce de Chaín, e percorridos 3,5 Km, chegaremos a
este pobo.
Hay que ver:
- Hórreo da Casa do Sastre.- Construcción de planta cuadrada de 5x 5
m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a
catro augas, e as limatesas dos catro faldóns están resoltas con tella árabe
asentada con morteiro de cemento. O exterior do cerramento do corredor esta
pintedo de cor bermello. Os pes e pilastras son duna soa peza de formigón que
reproduce as formas dos materiais tradicionais. Están ben executadas . A
escaleira está feita en formigón e bloque tamén duna execución moi coidada. O
Hórreo foi trasladado desde o lugar de Goxe na parroquia se Sta. María de
Piñeira. Hay quedeixar constancia de que todos os hórreos do lugar
teñen os pes de formigón e están pintados de cor bermello.
- Hórreo da Casa de Antonín.- Construcción de planta cuadrada de 4x 4
m. sín corredor por fallo do carpínteiro , con estructura de madeira e
cerramento de ladrillo enfoscado e pintado, cuberta fibrocemento. Os
tornaratos son de lousa. Pes e Pilastras forman unha soa peza feita de
formigón pero imitando as formas tradicionais. Os donos dín que a cuberta de
fibrocemento funciona mal devido o seu escaso illamento.
- Hórreo da Casa de Agosto.- Construcción de planta cuadrada de 5x 5
m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira totalmente pintado de
bermello, cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor presenta un
pequeño ventanexo a o lado do camiño, No aleiro existe un sinxelo ornamento de
madeira. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra. A escaleira exterior
e de fabrica de pedra da zona. O corredor esta tortalmente pechado.
- Casa de Agosto
- Casa de
Antoñín
- Casa de Martín
- Casa de
Sabelo
- Casa de
Xastre
- Plan Xeral de Ordenación
Urbanística
www.fonsaweb.com