Poboación 2020: 9 veciños. Distancia a Fonsagrada: 18,5 Km. Altitude: 770 m. Código postal: 27.110
Accesos: Na gasoliñeira de A Fonsagrada, se coge la CP-1904
que vai cara A Pontenova, pola cal percorreremos uns 17,5 Km ata chegar a
Vilardíaz.
Dende Vilardíaz cóllese á esquerda pola estrada
DP-1905 que nos levará a través do Bosque de Carballido (Rede Natura 2000)
cruzando Gromaz e pasado Carballido chegaremos a Pedreira. Ali colleremos a
estrada da dereita (DP-1909), e tras percorrer uns 3,3 Km. colleremos a estrada
da esquerda donde atoparemos Lentomil a uns 1,5 Km.
Hay que ver:
Medorras do Zarro de Pedro
Medorras do Campo das Cruces
Capela de San Lentomil
Casa de Barreiriños
Casa de Farrucón
Casa de Menor
Casa de Mesa
O SANTUARIO DA VIRXE DA PASTORIÑA. (José Manuel BLANCO PRADO. Artigo
publicado en Croa, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de
Viladonga, nº 8, 1998, Depósito Legal: L-92-91..., páx. 72-77])
A súa festividade celébrase o luns de Pascua.
Os devotos acoden ó santuario a pregarlle á Virxe polos animais domésticos,
preferentemente o gando porcino. Entre as promesas máis específicas sinalo as
seguintes:
1ª. O luns de Pascua ofícianse misas dende as dez da mañá ata a unha da tarde.
2ª. Despois da misa solemne, sae en procesión a Virxe da Pastoriña, levada en
andas por mulleres da parroquia.
3ª. A esmola en metálico, que é a ofrenda máis usual.
4ª. Algunhas misas, que o crego, encargado do santuario, oficia logo no
transcurso do ano.
5ª. Algunhas partes do cocho: linguas, lacóns, unllas..., que son poxadas por
un fregués, en rematando os oficios relixiosos. O encargado da poxa pon un
prezo de saída polo producto que se vai poxar e, a partir del, as distintas
persoas que participan no ritual van ofrecendo distintas cantidades máis e
máis altas, obtendo o producto a persoa que fixo a derradeira oferta. Este
proceso continúa con tódolos demais productos que se sacan "a poxa".