Poboación 2020: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 16,5 Km. Altitude: Código postal: 27.110
Accesos: Na gasoliñeira de A Fonsagrada, se coge la CP-1904
que vai cara A Pontenova, pola cal percorreremos uns 17,5 Km ata chegar a
Vilardíaz.
Dende Vilardíaz cóllese á esquerda pola estrada
DP-1905 que nos levará a través do Bosque de Carballido (Rede Natura 2000)
cruzando Gromaz e pasado Carballido chegaremos a Pedreira.
Hay que ver:
Conxunto de construccions.- No dintel de unha fiestra figura a data 1.830. Conxunto de vivenda alongada, palleira de forma irregular en planta, e un celeiro de planta rectangular. A vivenda de planta rectangular cúbrese a duas augas, os muros fanse de xisto manposto e os cargadeiros de portas e fiestras en madeira. A palleira ten unha forma orgánica en planta, definido por un muro na sua traseira “curva” e dous paus de castiñeiro que en forma de pes dereitos soportan a estructura da cuberta. Esiste una terceira construcción arrimada a palleira que ten funcións de celeiro.
Hórreo Casa de Pedreira.- Hórreo tipo cabazo ou “cabaceiro”. Construcción de planta rectangular de 2.25 x 7 m., con estructura formada por dosu muretes testeiros nos que se apoian duas vigas de castiñeiro, sobre as que se monta o entarimado do piso, as montantes verticais as barandas e os peches, e ootras duas vigas sobre as que se construe a cuberta a catro augas.
Casa de Pedreira