Poboación: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 7,1 Km. Altitude: 720 m. Código postal: 27.113
Accesos: No kilómetro 6,100 da estrada LU-701, atópase a dereita, o desvío pola CP-1902 pola que percorreremos uns 1,6 Km. ata atopar a esquerda o desvío que nos conduce a Ferreirous.
Hay que ver:
Capela de Ferreirous
Casa de Pedro.- Tratase duna construcción de planta rectangular de 16 x 17m. con prolongamiento da cuberta nun dos lados formando un pendello sobre unha porta de servicio. Muros de carga de pedra de Xisto, cuberta a catro augas de lousas. E interesante o peche da finca con chantóns de lousa.
Casa de Reboiro.- Tratase dunha construcción de planta rectangular de
14 x 14m. con prolongamiento da cuberta nas duas portas de entrada., dispón nun
lado dun pendello e no oposto un interesante hórreo. Muros de carga de pedra de
Xisto, utilizando pedra morta no despece dos ocos, moi decorativo no caso das
portas. Hay restos de revoco de cal en algunhas partes, cuberta a catro augas de
lousa. E
interesante o picaporte.
Hórreo da casa de Abaixo.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4 m., con estructura e cerramento de madeira de castiñeiro, sen corredo . O teito e a catro augas de lousa con pináculo de pedra na cumbreira. Ten catro pes de madeira sobre basamento de pedra. O Horreo foi transportado sobre rodicios de madeira non hai moito tempo. Antes estaba a carón do camiño e desplazouse porque estorbaba para facer un galpón de formigón.
Hórreo da casa de Tío Pepe.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m., con estructura e cerramento de madeira de castiñeiro, sen corredor . Ten cuberta a catro augas con un pináculo de pedra na cumbreira, grandes veiris sustentados con tornapuntas de madeira. Ten catro pes de madeira sobre basamento de pedra.
Hórreo da casa do Coxo ? .- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m., con estructura e cerramento de madeira , sen corredor . Ten cuberta a catro augas con un pináculo de pedra na cumbreira, grandes veiris sustentados con tornapuntas de madeira. Ten catro pes de madeira sobre basamento de pedra,
Antiga escola veciñal.