Pequeno núcleo rural, con media ducia de
vivendas, tres horreos, un celeiro, unha capela e outras construccións adxetivas.
Gran
armonía e uniformidade. Xisto, lousas, palla e madeira son os materiais
fundamentais.
Poboación: 8 veciños. Distancia a Fonsagrada: 14,1Km. Altitude: 555 m. Código postal: 27117
Accesos: Saimos de A Fonsagrada dirección Lugo pola LU-530 e no Km. 55,200 (a 1,8 Km., antes do Cementerio de Padrón), xiraremos a esquerda para coller a estrada CP 1901 percorrendo uns 9,5 Km. ata Lamas de Moreira, onde xiraremos de novo a esquerda dirección Arroxo, e percorridos 1,8 Km chegaremos a Coto de Lamas.
Hay que ver: