Poboación: 30 veciños. Distancia a Fonsagrada: 26,1 Km. Altitude: 770 m. Código postal: 27.112
Accesos: Desde A Fonsagrada hay que coller preto do Hotel a dereita, dirección Camping (LU-740) e percorrer por esa estrada uns 17,5 Km ata Vilardíaz. En Vilardíaz hay que seguir recto pola CP-19-04 cara a Pontenova, e tras pasar por Veiga de Logares, chegaremos a S. André de Logares (PK. 6). Pasado o pueblo colleremos a dereita pola 018-004 e chegaremos a A Sendiña.
Hay que ver:
Capela da Virxe dos Remedios.
Casa de Rancaño ou Casa Meirado. Casa de labranza / casa (solariega) de cregos. Casa salientable dentro do núcleo debido a: 1 Tamaño e forma da vivenda en si. 2 Construccións adxetivas arredor da casa que comunican o nivel do camiño de entrada coas eiras inmediatas e fan un conxunto pechado e compacto. 3 Elementos arquitectónicos “cultos” que se misturan cos tradicionais-populares
Palloza de Florentino.- Palloza "evolucionada" con teito de palla e lousa.
Casa de Florentino.
Casa de Osorio. Labranza. Atopase nun alto rodeado de leiras de cultivo, o núcleo do pobo desenrolase a ambos lados da estrada que pasa polo túnel. Vivenda de labradío que se desenrola nun bloco central cadrado e engadidos en dous patios adxacentes. A parte principal e a vivenda. O aspecto exterior non é tan rotundo como noutros casos xa que se atopa pechado por muros. Resulta curiosa a forma de entrar xa que se ingresa no patio de entrada a través dun tunel.
Pozo.- Tratase dunha pequena construcción de planta cadrada incribel nun rectángulo de 3 x 2.5 m. , realizada en mampostería de xisto e ramatada cunha cuberta a un auga que ainda que nun principio foi de lousa agora e de planchas de fibrocemento. Ten unha porta de madeira de castiñeiro e un rollo do mesmo material. A porta refunsdese no corpo do edificio conformando dous pousadoiros a ambos lados do portelo.
3 Hórreos
Casa de Álvarez.- 982 154 787
Casa de Arango.- 982 154 384
Casa de Casoa.- 982 174 234
Casa de Florentino.- 982 154 346
Casa de Maxide.- 982 154 373
Casa de Osorio.- 982 154 786
Casa de Rodil.- 982 174 206
Casa de Tina.- 982 174 963
Casa de Urbano.- 982 154 365
Casa de Vale.- 982 174 967