Poboación: 21 veciños.
Distancia a Fonsagrada: 14 Km.
Altitude: 660 m. Código
postal: 27.135
Accesos: Dende A Fonsagrada coller a estrada LU-530 ata o
PK 44,8 onde colleremos a esquerda o desvío de Chaín.
Hay que ver:
- Palleira da Casa Álvarez.- Construcción de planta rectangular de 4x 8
m, con pilastras de pedra e cerramento de madeira, traves e piso da mesma
material, cuberta de lousa a duas augas. Ten duas alturas aproveitando o
desnivel do terreo.
- Celeiro da Casa da Veiga.- Celeiro de pedra con planta circular, con
teito de palla a “o veo” con dous niveis un para alamacenamento e outro para o
gando. Cimentación ao descuberto por mor do rebaixamento do camiño
- Hórreo da Casa do Río.- Construcción de planta cuadrada de 6 x6 m.,
con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes
son de madeira con tornaratos de lousa . Na parte baixa do cerramento existe
unha chapa de zinc.
- Hórreo da Casa do Fidalgo.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4
m., con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os
pes son de madeira con tornaratos de lousa e un dos tornaratos e de granito,
posible muiño de orixen castreño . O corredor e aberto.
- Hórreo da Casa de Mingón ou Fernández.- Construcción de planta
cuadrada de 4 x4 m., con estructura e cerramento de madeira,con corredor,
cuberta de lousas a catro augas en perfecto estado . Os pes son de madeira con
tornaratos de lousa base de pedra. A ventilación producese por una xanela de
madira con respiros. Atopase dentro do lugar da casa que ten corrada e
abeiradoiro.
- Hórreo da Casa de Méndez.- Construcción de planta cuadrada de 6 x6 m.,
con estructura e cerramento de madeira un dos laterais esta cuberto con chapa de
zinc e outro pintado de bermello, a cuberta e de lousas a catro augas. Os pes
son de madeira con base de pedra.
- Antiga escola
- Casa de Cereixido.- 982 174 515
- Casa de Estevo.- 982 174 557
- Casa de Ferreiro.- 982 354 168
- Casa de Granda.- 982 174 513
- Casa de Méndez.- 982 174 568
- Casa de Mingón.- 982 174 585
- Casa de Penelas.- 982 174 516
- Casa de Valente.- 982 174 555
- O SANTUARIO DO S. BERNABÉ. (José Manuel BLANCO PRADO. Artigo publicado en
Croa, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 8,
1998, Depósito Legal: L-92-91..., páx. 72-77])
A súa festividade celébrase o día once de xuño.
Os devotos préganlle ó santo a súa intercesión ante doenzas humanas e de animais.
Entre as promesas máis específicas sinalo as seguintes:
1ª. No día da festividade, oficiase unha misa solemne a unha media da tarde.
2ª. Despois da misa solemne sae en procesión o S. Bernabé, levado en andas por
devotos da freguesía. Hai anos levaban algunhas vacas na procesión.
3ª. Un fregués da parroquia impón o santo por riba da cabeza dos devotos,
mentres recita a seguinte xaculatoria: " Cristo viva, Cristo reine, Cristo te
libre de todo mal. Amén".
4ª. Algunhas misas, que o crego, encargado do santuario, oficia no transcurso do
ano.
5ª. A esmola en metálico, que é a ofrenda máis utilizada.
6ª. Algúns exvotos de cera, que representan corpos humanos e de animais.
www.fonsaweb.com