XEOLOXÍA
Información extraída do Informe naturalístico do Documento de aprobación
inicial de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Fonsagrada (Lugo)
Febreiro 2005 realizado por Carlos Vales (coordinador), Manuel A. Rodríguez
Guitián (vexetación e áreas de interese
natural) e Javier Ferreiro (áreas de interese natural).
Ao igual que o resto de Galicia, o concello de Fonsagrada,
forma parte do Macizo Hespérico, unha formación xeolóxica
moi antiga, formada durante a oroxenia hercínica, no Paleozoico Superior, hai
centos de millóns de anos, que constitue o
zócalo xeolóxico de todo o norte e o occidente ibéricos e que se continua por
boa parte de Europa. A Fonsagrada está
instalada, dentro da cordilleira hercínica, na chamada Zona Asturoccidental-leonesa
(MATTE, 1968), que se extende por
Asturias, León e a Galicia oriental . En Galicia ten o seu límite occidental na
formación Ollo de Sapo, unha estructura de
rochas metamórficas de alto grau (fundamentalmente gneises) en forma de arco que
ten a sua ubicación xeográfica casi
coincidindo co límite das provincias da Coruña e Lugo á altura do Cantábrico.
Os materiais que aparecen na Fonsagrada son os supervivintes
aos procesos erosivos de desmantelamento da
cordilleira citada e foron depositados en forma de sedimentos entre os períodos
Cámbrico e Carbonífero da Era Paleozoica
para sofrir posteriormente os procesos de metamorfismo que os convertiron nas
rochas que podemos observar na
actualidade, que podemos observar cando nolo permiten os recobrimentos de
sedimentos cuaternarios e os materiais
edáficos.
Istas rochas metamórficas están constituidas fundamentalmente
por pizarras de diversos tipos (pizarras verdes con
Trilobites, pizarras negras con níveis ferruxinosos,..), por cuarcitas e
areiscas intercaladas en series de potencia moi diversa,
e tamén, merecendo ser destacada a sua presencia dada a sua rareza en Galicia,
rochas calizas. En conxunto os expertos
(IGME 1978, 1979) distinguen cinco formacións diferentes, todas pertencentes ao
Paleozoico inferior, que de máis antiga a
máis recente son as seguintes: Caliza de Vegadeo, Serie dos Cabos, Pizarras de
Luarca, Formación Agüeira, e Pizarras e
Ampelitas Silúricas.
A caliza de Vegadeo é a formación que contén as rochas máis
antigas da Fonsagrada. Afloran istas rochas en duas
franxas de dirección NNO-SSL, constituindo o núcleo de dous plegues anticlinais,
que aparece de forma discontinua en
función do nível de erosión e dos cabeceos dos eixos dos pregues. Nos lugares
onde aflora a paisaxe ten o aspecto de
longos vales (Póboa de Burón, Cuiñas, Logares,...) debido á facilidade de
meteorización destas calías así como das pizarras
que se lle superpoñen. De feito, a facilidade de alteración destas rochas fai
que sexa prácticamente imposible observar
materiais frescos. O seu estudo nas zonas de afloramento permite distinguir tres
membros distintos, dos cais so dous poden
ser distinguidos na Fonsagrada, un constituido por calizas brancas e grises as
veces intercaladas en capas moi delgadas, moi
marmorizadas debido ao metamorfismo, e o outro por calizas e calcoxistos. Merece
destacarse a presencia de Arqueociátidos
como fóseis acompañantes, un grupo biológico característico do Paleozoico
inferior actualmente extinguido. A idade atribuida
a istas rochas é o Cámbrico Inferior e o Cámbrico Medio.
Ao occidente das calizas situanse os materiais que forman a
chamada Serie dos Cabos, compostos por pizarras verdes
con Trilobites, areiscas e cuarcitas con intercalacións de pizarras.
Correspóndense con depositos orixinados en meios
mariños someros (intermareais, lagoares, barras de area,…) de idades
comprendidas entre o Cámbrico Medio e o Ordovícico
Superior e que sofriron o metamorfismo asociado á oroxenia hercínica.
Sobre istes materiais situanse as pizarras negras denominadas Pizarras de Luarca,
unha formación constituida por
pizarras negras homoxéneas ricas en pirita, e que representan un nível de
referencia moi destacado no releve, cunha idade
atribuida ao Ordovícico Medio.
Por encima das pizarras de Luarca (no sentido estratigráfico)
situase unha potente sucesión de cuarcitas, siltitas,
pizarras e areiscas con facies turbidíticas que se corresponden coa Formación
Agüieira e que se encontran ocupando amplas
estructuras sinclinais. As estructuras sedimentarias das areiscas permiten
observar fenómenos como a graoselección,
laminación paralela ou laminación entrecruzada. Por riba destas materiais
podemos atopar ampelitas e pizarras do Silúrico,
con gran número de xacementos fosilíferos de Graptolites. Sobre os terreos antes
citados situanse unha serie de
afloramentos de materiais detríticos groseiros formados por conglomerados e
brechas de idade Carbonífera que nos seus
níveis basais presentan unhos tonos abermellados característicos.
Desde o ponto de vista estructural, todas istas rochas
sufriron deformación e metamorfismo durante a oroxénia hercínica
(non, evidentemente, os sedimentos cuaternarios), procesos que deron lugar ás
actuais estructura, que presentan unha
dirección NNO-SSL lixeiramente inflexionada en forma de arco que aponta ao
oeste. Son estructuras de gran extensión
superficial que incluen dous sistemas de plegues maiores, unha serie de fallas e
algúns plegues menores transversais ás
estructuras citadas.Mención especial merece a presencia de grandes cabalgamentos,
que permiten diferenciar duas partes
perfectamente diferncidas desde o ponto de vista xeolóxico, o Dominio do Navia e
alto Sil, e o Dominio do Manto de
Mondoñedo (IGME, 1979).
Mención aparte merecen os depósitos cuaternarios, compostos
por depósitos aluviais asociados aos cauces dos rios, por
derrubios e coluvións de ladeira, xeralmente asociados á meteorización das
cuarcitas cando istas se atopan en cotas
elevadas e zonas de relevo acusado, e por outros materiais indiferenciados.
XEOLOXÍA ECONÓMICA
Ainda que desde o ponto de vista litolóxico os materiais
existentes non son os idóneos para o almacenamento de auga,
as características estructurais, coa presencia de xistosidade e unha ampla rede
de diaclasas e fracturas, facilitan a existencia
de amplos espacios para a acumulación e a circulación das augas, tanto máis
abondosas canto máis fracturada se atope a
zona. Ista característica, unida ao copioso das precipitacións, da lugar á
aparición de numerosos manantiais. Exemplos moi
significativos poden atoparse ao longo do cabalgamento basal do Manto de
Mondoñedo. Algunhas pequenas chairas aluviais
como a de Logares permiten a captación de augas de tipo subalveo. Tamén aparecen
manantiais de forma estacional e
intermitente, en relación coa meteorología, existen mananciais nas zonas
elevadas achairadas. Por outra banda, poderíase
esperar unha presencia importante de recursos hídricos asociados ás calizas,
especialmente tendo en conta que se
encontran carstificadas, pero isa esperanza queda limitada pola moi escasa
envergadura e pola discontinuidade na presencia
destas rochas.
As mineralizacións existentes na zona son de Pb-Zn
asociadas á Caliza de Vegadeo, e de Pb-Zn-Fe asociadas ás outras
formacións existentes no territorio. Polo que fai ás bandas calcáreas da Caliza
de Vegadeo non demostraron ter importancia
debido á sua escasa presencia cartográfica. En canto ás mineralizacións de Pb-Zn-Fe,
están constituidas por filóns de
blenda, galena e magnetita acompañados, según os lugares, por cuarzo, pirita,
calcopirita, pirrotina, goethita e outros óxidos
de ferro. Ainda que se realizaron varias calicatas e existeu algunha pequena
explotación, semellan non ter suficiente
envergadura para xustificar unha explotación industrial. Tamén existen indicios
de outras mineralizacións, de cobre,
manganeso, ouro,…ainda que non aparentan interese comercial. Na zona tamén ten
presencia o carbón, particularmente
antracita, e exemplos de caolinización, ainda que non semella que teñan interese
como recursos explotables. Maior
importancia presentan as rochas industriais, constituidas por pizarras,
cuarcitas, calizas e materiais recentes. Entre as
pizarras teñen especial interese as da Formación Luarca pola sua dureza,
facilidade de explotación de imperabilidade, ainda
que tamén son explotadas outras como as da Serie dos Cabos a pesar da sua peor
calidade. As cuarcitas proporcionan
materiais para a construcción, como áridos e zahorra, ou como lousas e bloques.
A caliza utilizouse antigamente para a
fabricación de cal para morteiro, quedando restos desta actividade nas
construccións e na toponímia. Tamén existen areas e
gravas con utilidade como áridos.
Un dos tipos de rocha máis frecuente na Fonsagrada, son as cuarzitas
Paleozoicas.
As calizas representan unha das formación xeolóxicas máis raras e
interesantes.
XEOMORFOLOXÍA
A Fonsagrada e un concello de relevo moi accidentado,
polo que abundan as paisaxes de fortes pendentes e acusados contrastes
altitudinais entre as zonas de val e as cotas máis elevadas, que chegan a
alcanzar os 1201 m. Aparece regado por dous ríos: o Rodil e o Navia.
Dadas as características da montaña, é
natural que dende calquera dos seus cumes sexa posíbel gozar das vistas máis
pintorescas e de inigualábeis panorámicas. Configúrase así como un dos concellos
máis fermosos de Galiza, onde os deportes e as actividades ao aire libre atopan
aquí un marco idóneo.
 |
O territorio da Fonsagrada constitue unha plataforma de
terras altas fracturada en bloques dispostos como escalóns a
diferente altitude e diseccionada por unha mesta rede fluvial profundamente
encaixada. O nível topográfico superior da
plataforma sitúase por riba dos 1.100 metros, ainda que a maioria das terras
fonsagradinas están situadas en escalón
aplanados entre os 800 e os 600 metros de altitude. Por debaixo diste nível
topográfico, a disección fluvial condiciona unha
paisaxe onde as fortes pendentes son o elemento dominante.
As terras altas que conforman o territorio da Fonsagrada
son a continuación cara ao norte da Serra dos Ancares e
demáis serras do oriente galego, e constituen un ponto de conexión coas paisaxes
montañosas e os espacios de altísimo
valor natural da Asturias occidental. Por tanto, A Fonsagrada sitúase no borde
occidental da cordilleira cantábrica formando
parte dun conxunto de terras altas que, desde o sul-occidente asturiano se
continua pola Galicia oriental e sudoriental ate o
norte de Portugal formando un sistema moi fracturado de altiplanicies e serras
intercaladas con encaixamentos e zonas
deprimidas que xeneran unha paisaxe quebrada na que son frecuentes os grandes
desníveis. No contexto galego, a
Fonsagrada forma parte do extremo norte das chamadas Serras Orientais, un
sistema de penichaos, crestas e terras altas,
cruzadas por profundos barrancos fluviais, que define o límite de Galicia coa
meseta castellana e que ten os seus elementos
xeográficos máis representativos ao sul do termo municipal en terras de
Cervantes na serra dos Ancares e, ainda máis ao sul,
na serra do Caurel.
|
Plano Isométrico |
As serras orientais son un dos teitos altitudinais de
Galicia, con cumes que superan os 2000 metros, ainda que a altitude
das terras da Fonsagrada é claramente inferior, no ámbito dos 1200 m.,
constituindo por tanto un nível altitudinal degradado
respecto ao nível de cumes. O que máis resalta na Fonsagrada non é a topografía
recortada dos cumes das serras, senón o
escalonamento de planuras diseccionadas pola rede hidrográfica que xenera como
resultado fortes pendentes, notables
barrancos e unha sensación xeralizada de encaixonamento fluvial. As terras
fonsagradinas están constituidas por unha serie
de bloques xeolóxicos nos que os maiores resaltes coinciden con frecuencia con
materiais resistentes á erosión. Poucas
terras superan os 1000 metros de altitude e por debaixo deste nível é posible
distinguir unha serie de superficies degradadas
que se situan entre os 1000 e os 800 metros e outro nível ainda máis extenso
entre os 800 e os 600 metros. Por debaixo
destas alitudes, é o encaixonamento das redes fluviais o que anima a paisaxe
producindo nalgúns casos barrancos
espectaculares.
Desde un ponto de vista interpretativo, ista paisaxe sería
o resultado da erosión da antiga cordilleira hercínica formada no
Paleozoico Superior e que sufreu ao longo de centos de millóns de anos un
proceso de arrasamento erosivo que a convertiu
nun penichao que, na reactivación estructural producida no Terciario asociada á
dinámica da placa ibérica e os seus
contactos estructurais no fondo oceánico, provocou a reactivación dos antigos
sistemas de fracturas hercínicas e a aparición
de outros novos, orixinando dinámicas de bloques levantados e afundidos e
procesos de profundo encaixamento fluvial. A
actividade estructural explicaría a existencia de terras altas, das cales as
Serras orientais son a maior expresión e das que forma parte a Fonsagrada, e
explicaria asimismo as depresións interiores de Galicia e tamén os afundimentos
costeiros, tanto da costa atlántica como da cantábrica que, á sua vez, axudan á
entender a dinámica de erosión remontante dos rios e o profundo encaixamento da
rede fluvial en moitos dos seus tramos. Todas istas formas foron posteriormente
afectadas polos cámbios climáticos cuaternarios, que implicaron a existencia de
procesos localizados de glaciarismo nas serras máis altas, e fenómenos de
periglaciarismo moito máis espallados (Vidal Romaní, ).
|
 |
Plano de pendientes |
En calquer caso, desde unha perspectiva descriptiva, a
Fonsagrada caracterízase por unha paisaxe de cumes
achairados nos que se encaixa a rede fluvial. As serras se elevan ate os 1203 m.
das Pedras Apañadas, no linde onde o
término municipal conflue con Negueira de Muñiz e Grandas de Salime, mentras os
rios, pertencentes ás bacias do Navia e
do Eo, se encaixan profundamente a 300 m. de altitude sobre o nível do mar, o
que supón desníveis totais de casi 900 m. A
encaixonada rede fluvial, define as zonas de maiores pendentes.
 |
O principal sistema de serras se situa na parte central do
municipio, a xeito de cinturón que o percorre en dirección
Leste-Oeste. Ao oeste sitúanse a Serra do Muradal (1111 m.) e a Serra do
Hospital (1107 m.), no centro do municipio a
Serra de Follabal, de menor altitude, con cumes que non superan os mil metros,
mentras que no centroleste do municipio,
cara á cofluencia don Asturias, situanse as altitudes maiores da Serra de
Liñares, o Monte dos Vales e as Pedras Apañadas
que, con 1203 m. constitue a maior altitude do termo municipal. Todas as serras
citadas fan tamén de divisoria de augas
entre os sistemas fluviais do Eo e do Navia. Mentres o primeiro drena a parte
noroccidental do municipio, ao norte do
cinturón de serras sinalado, o Navia drena o sul e a parte occidental da
Fonsagrada. As outras altitudes salientables situanse
ao norte do municipio, onde fan de linde co concello da Pontenova e cos concejos
asturianos de Taramundi e Santa Eulalia
de Oscos e que teñen algún dos pontos culminantes no Coto de Frades (950 m.) e A
Sendiña (831 m.). Tamén no extremo
sul do municipio, cumes por riba dos 900 m., que teñen a sua culminación nos
1013 m. do Restelo, marcan o linde co
concello de Navia de Suarna.
Como sinalábamos anteriormente, os maiores desníveis e as
maiores pendentes situanse no contorno da rede fluvial que
constitue un sistema de drenaxe profundamente encaixonado. Estas pendentes
dificultan os usos productivos do territorio ate
imposibilitalos en moitos casos. So os usos forestais non intensivos teñen
sentido nestes casos. Por outra banda, é nestes
tramos onde se encontran moitos dos hábitats naturais mellor conservados do
municipio.
O aspecto máis característico da xeomorfoloxía do concello
é o constituído por terras altas aplanadas nas que se
encaixa a rede fluvial. |
Plano de montes |
Montes: Coto Frades (961 m.); Nicolao (918 m.); O Caramelo
(905 m.); Chao do Caramelo (890 m.); Acebeira (865 m.); Campoforcado (831 m.);
Campo Sueiro (828 m.).
Serras: (Publicado por
GABRIEL PACIN LOPEZ en
http://veigadelogares.blogspot.com
Serra do Corno do Cervo
Con orientación NE-SO, situada no concello da Fonsagrada, e rodeada polos
profundos vales do río Rodil e os seus afluentes. O punto máis alto é a Cruz
do Pito, con 849 mts. As abas que dan ao río Rodil están ocupadas por
carballeiras moi ben conservadas que forman parte do espazo Carballido.
Accédese desde a Ribeira de Piquín ou desde A Fonsagrada
Serra do Muradal
Con dirección NE-SO, unida á do Hospital polo Norte. Está formada por louxas,
xistos e cuarcitas. O Punto máis alto é o Muradal, con 1108 mts. Accédese
desde a estrada Lugo-A Fonsagrada, no alto da serra do Hospital, pola
desviación que vai a Ribeira de Piquín
Serra do Hospital
Situada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. As rochas
dominantes son lousas e xistos e, nos cumes, cristal de curcita. As máximas
alturas son o Pico do Hospital e o Laogaseca, ambos con 1.108 mts. Os ríos da
vertente norte van á conca do Rodil (Eo) eos do sur á do Navia.
Accédese pola esrada de Baleira a Fonsagrada que segue o trazado da serra,
Para subir ao cume vaise pola desviación que vai a Ribeira de Piquin desde o
alto da serra do Hospital
Serra de Follabal
Esténdese entre A Fonsagrada e Asturias, con orientación SO-NE. Está formada
por lousas e cuarcitas.
A máxima altura está en Pedras Apañadas con 1.203 mts
Accédese pola estrada de Fonsagrada a Asturias e Negueira de Muñiz
SOLOS
Os solos fórmanse pola
degradación da rocha que constitúe o sustrato xeolóxico, e polo tanto son de
importancia primordial, e sobre todo no caso da Fonsagrada, as elevadas
pendentes e os fortes procesos erosivos, posto que constitúen un factor
determinante no grado de desenrolo dos solos.
Polo que fai referencia
aos procesos de edafoxénese, os máis importantes son a alteración dos materiais
xeolóxicos, a transformación dos materiais orgánicos, a erosión, a ganancia e
perda de elementos en relación co ciclo da auga, e os procesos de transformación
e transferencia intraedáfica. Entre istes últimos podemos sinalar, como máis
relevantes, a acidificación, a andosolización, a gleificación, a arxiluviación e
a podsolización. Unha explicación de en qué consisten istes procesos e as súas
implicacións para as procpiedades dos solos pode obterse nos manuais de
edafoloxía ou en traballos que acometen a descrición dos solos galegos.
O resultado dos factores e
procesos de formación é a diferenciación no solo duna serie de capas paralelas á
superficie coñecidas como horizontes, que constitúen o chamado perfil do solo, e
dos cales os máis importantes son os horizontes A, B e C, letras que indican o
horizonte superficial orgánico (A), un horizonte de acumulación, que recolle os
productos da transformación e lavado do horizonte superior (B) e un horizonte de
alteración (C), que se sitúa por riba da rocha fresca ou do material orixinal
(R). Os tres horizontes non teñen que estar necesariamente presentes e, de
feito,con frecuencia non o están, particularmente nas zonas de fortes pendentes,
permitindo distinguir secuencias ou catenas de solos desde as zonas de mayor
pendente ata o fondo do val ou ata as zonas de aplanamento. Nas zonas de mayor
pendente, cando existe capa edáfica que recubra á rocha fresca, os solos adoitan
ser moi delgados, mentras o espesor vai aumentando ao reducirse a pendente e
aumentan, por acumulación dos productos erosionados procedentes das partes máis
elevadas das ladeiras, nas zonas de rotura de pendente, achairadas ou no fondo
dos vales. A secuencia permite distinguir uns tipos de solos coñecidos como
Leptosolos (os máis delgados), Regosolos (de espesor intermedio) e Cambisolos (máis
profundos e evolucionados). Ademáis desta secuencia característica, existen na
Fonsagrada outros tipos de solos aos que tamén se fará referencia.
Como sinalabamos, o
principal factor para explicar as tipoloxías dos solos na Fonsagrada é o
material de partida, Distinguiremos neste sentido os solos sobre pizarras, solos
sobre rochas cuarcíticas, solos sobre calizas e outros tipos.
-
Solos sobre pizarras:
As pizarras son as rochas que máis abundan no termo municipal. Tenden a romper
en pequenos fragmentos que son fácilmente arrastrados polas ladeiras. A
meteorización química é menos intensa porque, ao tratarse de rochas de baixo
grao de metamorfismo, na súa composición abondan os minerais que son estables
nas condicións ambientais. Nas zonas próximas aos cumes ou onde a pendente é
forte os solos son deslgados, ácidos e pouco fértiles, polo que presentan
moitas limitacións desde o punto de vista productivo. Nas partes medias e
baixas das ladeiras poden acumularse materiais resultantes do arrastre ladeira
abaixo, constituíndo horizontes caóticos de espesor diverso cun perfil AC. Nos
casos en que se observa unha evolución edáfica mairo, aparecendo un horizonte
de acumulación estaremos ante Cambisolos. Presentan moitas limitacións
productivas asociadas á acidez, á carencia de quilibrio textural, e á
presencia do ión aluminio na solución do solo, dada a toxicidade que este
elemento presenta para as plantas.
-
Solos sobre rochas
cuarcíticas:
O material de partida inclúe cuarcitas e areíscas. O proceso inica¡cial de
meteorización destas rochas é fundamentalmente de tipo mecánico, por
fragmentación dos amteriais polo que os solos máis profundos se sitúan nas
zonas de acumulación. As areíscas presentan en xeral unha laterabilidade
física superior á das curacitas, polo que xeneran solos máis profundos e con
horizontes máis diferenciados. Tanto as cuarcitas como as areíscas son rochas
que teñen moi poucos minerais alterables e o pH acedo, a textura areosa, o
baixo contido en aluminio e ferro e a presencia de sustancias orgánicas
complexentes dan como resultado a destrucción das arxilas e a movilización dos
complexos organo-metálicos dos niveis superiores para acumularse en
profundidade, procesos relacionados coa podsolización. Cando este proceso ten
lugar, o resultado son solso moi característicos e con fortes limitacións
químicas no que seu potencial productivo. A secuencia de slos sobre cuarcitas
e areíscas é similar á descrita para as pizarras.
-
Solos sobre rochas
calizas: As
calizas locais son rochas duras que condicionan paisaxes abruptas nas que o
desenvolemento edáfico pleno só se produce en enclaves localizados onde a
disposición topográfica facilita os procesos de acumulación e dificulta a
erosión. Sobre as caliza s se forma un tipo peculiar de solos, definidos como
phaeozems. Cando os horizontes están ben desenvolvidos, os solos son ricos en
materiais arxilosos e presentan tonos pardos ou avermellados intensos pola
liberación de óxidos de ferro. O pH é máis alto que nos solos orixinados sobre
os outros materiais e os solos son máis fértiles. Sen embargo, nas zonas de
pendente os solos son delgados, cun único horizonte A sobre o nivel calcáreo,
que se atopa ademáis moi descarbonatado. Nas zonas onde a pendente se reduce
aumenta o espesor da capa edáfica e o contido de carbonatos adoita ser
superior.
-
Outros tipos de
solos: Ademáis das catenas de solos sinaladas, podemos atopar outros
tipos de solos en localizacións determinadas. Así, a acumulación de auga nos
horizontes edáficos, de forma estacional ou permanente, dá lugar a procesos de
gleificación, que serán máis ou menos intensos según o grao de asolagamentos.
Os solos caracterízanse por presentar horizontes con tons gris azulado que
reflexan condicións de reducción, é dicir, de carencia de osíxeno. Este tipo
de solos pode aparecer sobre calquera dos tipos de material xolóxico de
partida anteriormente sinalados, porque o seu condicionante é o nivel
freático. Esí como un asolagamento permanente supón un serio condicionanate
para os usos agrarios, os solos con hidromorfía só parcial son unha boa
alternativa para os prados de sega. En lugares onde a hidromorfía é permantes,
pódense producir ambientes moi acedos, con a cumulación de materia orgánica en
condicións de difícil descomposición e humificación, o que dá lugar á
formación de queirugais moi húmidos e de turbeiras, formacións vexetais ás que
corresponde un tipo de solo con alto contido e espesor de materia orgánica.
Son os histosoles.
-
Outros solos presentes
na Fonsagrada, aínda que ocupando unha extensión superficial limitada son os
Fluvisoles e os solos antrópicos. Os primeiros sitúanse sobre os depósitos
aluviais das canles de inundación dos ríos. De espesores máis ou menos
profundos, presentan textura, mineralogía e contido en materia orgánica
variables, sen que apareza unha diferenciación clara dos horizontes. Dada a
súa disposición topográfica, non presentan problemas de sequía, polo que son
explotados desde antigo para prados e hortas. Por fin, unha tipoloxía de solo
que debe de ser sinalada é aquila que é producto duna intervención humana
destinada a cambiar notablemente as características edáficas e que no noso
caso está constituída polos terreos abancalados, é dicir, os aterrazamentos
feitos para eliminar ou mitigar a pendente do terreo e facilitar así o
cultivo, evitando ó mesmo tempo a erosión. Estes solos están limitados a
algúns dos aplanamentos onde se sitúan os lugares habitados de forma que, no
pasado, se posibilitou a superficie cultivable.
Distribución municipal de usos de solo (2004)
Superficie concello: 42.000 Has
Forestal total: 33.270 Has
Forestal desarborizado: 8.754 Has
Forestal arborizado: 24.516 Has
Forestal arborizado / Forestal total: 0,74 Has
SAU: 8.730 Has
SAU/SUP total: 0,21 Has
APTITUDE AGRARIA DOS SOLOS DA FONSAGRADA
A descripción previa dos solos da Fonsagrada permite concluir que, en xeral, son
moi pouco favorables para a práctica
agrícola. A maioria dos solos están moi pouco desenvolvimos, ofrecendo por tanto
limitacións en canto a espacio disponible
para o enraizamento, o almacenamento de auga ou a captación de nutrintes. Desde
o ponto da fertilidade, son en xeral solos
ácidos e pobres en nutrintes, coa excepción dos solos máis evolucionados e
profundos sobre calizas, que ocupan unha
extensión superficial moi reducida. A istes factores hai que engadir a
existencia xeralizada de fortes pendentes, que dificulta
ou impide o laboreo e facilita os procesos de erosión e perda de solo. O clima
da Fonsagrada, ao tratarse dun clima de
altitude, vai influir sobre a duración do período vexetativo e sobre os dias
libres de risco de xiadas (menos de 160 días ao
ano), influindo, polo tanto, na viabilidade e no tipo de cultivos posibles.
A avaliación de recursos agrarios para A Fonsagrada editada polo Ministerio de
Agricultura en 1980, que inclue o mapa
de clases agrolóxicas a escada 1 : 50.000 incide e corrobora os mesmos
criterios. Defínense oito clases agrolóxicas,
seguindo criterios adaptados do Servicio de Conservación de Solos do
Departamento de Agricultura dos EEUU, das cales a
clase I inclue aos solos de cualidades óptimas para a agricultura e a clase VIII
aos non productivos, mentres que as clases II,
III e IV permiten a práctica agrícola pero con limitacións crecentes. As clases
Ve VI incluen solos considerados non cultivables
debendo sustentar unha vegetación permanente sexa herbácea (pastizais) ou
arbórea, mentres que a clase VII, presenta
unhas limitacións de pendente e escasez de solo suficintes como para recomedar
que teñan cuberta arbórea permanente e
non sexan sometidos a labores selvícolas intensivas. So a clase VII ocupa máis
das tres cuartas partes do territorio, mentres
os terreos de vocación agrícola móvense arredor do 5% do total.
Os histosoles son uns solos de distribución moi restrinxida nas
brañas do alto das serras.
Montes veciñales en mao común
- Allonca
- Arroxo
- Brancio e Candelos (12/07/1982)
- Ervellais (28/09/1987)
- Cereixido
- Freixo
- Carballoguidín (30/10/1978)
- Castelo (15/06/1981)
- Pedra (15/06/1981)
- Travesas (27/05/1985)
- Freixo (27/05/1985)
- Lamas de Campos
- Lamas de Moreira
- Viladriz (31/03/1978)
- Barcela (31/03/1978)
- Seoane (31/03/1978)
- Maderne
- Monteseiro
- Paradavella
- San Cristovo de Cuíñas
- Cuíñas e Pando (18/04/1983)
- Porteliña (26/05/1998)
- San pedro do Río
- Santo Andrés de Logares
- Cospeito e Sendiña (22/11/1982)
- Trapa
- Vieiro
- Vilabol de Suarna
- Vilar de Cuíña
- Miñide (31/03/1978)
- Restrumeiro (31/03/1978)
MINERAIS
Minerais: Cloritoide, Esfalerita, Galena, Pirolusita, Siderita
www.fonsaweb.com