RUTA DE CASTAÑOSO

 
  • Dificultade: Media - Alta
  • Duración: 3 horas
  • Lonxitude: 6,2 Km.
  • Itinerario: Castañoso - Capela de Santiago- Muíño de Penallo - Castañoso
  • Percorrido:

         Comenza en Castañoso e baixa por un camiño pasando polo Cortín de Monteagudo e os de López e Villar, continuando a baixada ata o Castro de Castañoso.

         Media volta ata coller o sendeiro da esquerda polo bosque ata a antiga Capela de Santiago situada nun souto de máis de 400 anos con varios corrizos.

         Continuamos a baixada cara o Río onde atoparemos unha ponte xunto unha seimeira e o Muiño do Penallo, co seu pozo e banzao. Logo comenzaremos a subida cara a Castañoso.
     

  • Descargar tríptico

 


 

 



www.fonsaweb.com