|
![]() |
Percorrido: En
Liñares de Bidul,
collemos un camiño que sae a esquerda en dirección Leste.
O comenzo, os nosos
pasos discorren por un bo camiño que atravesa monte baixo, que ó pouco
convírtese nun sendeiro descendente de bastante pendente. Máis adiante atopamos
as ruínas do pobo de Ludeiro dando entrada a unha paraxe de rochas e bosque
autóctono.
Continuamos por un sendeiro de laxe bastante esbaradío que atravesa
varios soutos e regatos pasando xunto os restos de antugas corripas. A cada paso
o sendeiro faise máis fermoso seguindo o Regato do Navallo, encaixado no fondo
do val, onde atopamos unha casa habitada temporalmente e que posúe unha fonte.
Seguimos o sendeiro ata chagar a estrada, onde collemos a esquerda ata entrada
da pista con indicador a Rio de Porcos, pola que continuaremos a ruta. Deixando
a ponte colgante de Rio de Porcos á esquerda, seguimos a nosa andaina de fronte,
atopándonos no Camiño da república, (antigo camiño feito a man nos anos 30 e 40
que une A Fonsagrada con San Antolín de Ibias), que discorrre pegado o encoro de
Grandas de Salime Continuamos a canle do Río Navia disfrutando dunha paisaxe
fluvial de gran beleza e valor ecolóxico ata chegar a "A Fábrica", lugar donde
se fundía o mineral ata o ano 1.875, e do que aínda hoxe se conserva a súa
imponente cheminea.
Na aldea da
Fornaza, atópanse os restos de
antigos fornos de fundición férrea e unha antiga capela. Seguindo o camiño,
pegado ó Río Lamas chegaremos a
Ferrería de Vilar de Cuíña, que tivo actividade
ata finais do século XIX. Despois de deixar este lugar, hoxe xonvertido en área
recreativa, continuamos o camiño da república acompañados da beleza paisaxística
da ribeira do Río Lamas, ata chegar á Ponte de Vilabol, onde remata a nosa
andaina.