Saimos de A Fonsagrada pola LU-701 dirección Asturias ata que pasado o cruce de Barbeitos, atoparemos outro cruce a esquerda que nos levará a Trousa, Ferraría e Pántaras. O chegar a Pántaras deixaremolo coche subiremos a estrada ata o desvío de O Relaio que atoparemos a dereita. A partires de aquí seguiremos a pista pasando por Relaio e continuando polo camín ata cruzar o Río Allonca por unha ponte de madeira e seguindo o camiño a carón do río ata chegar á sorprendente Igrexa de Allonca. Continuamos o camiño por un souto con numerosas ouriceiras ou curripas ata chagar ao Muíño de Allonquiña.
Volveremos sobre os nosos pasos para encamiñarnos cara
a
Allonquiña e seguir cara a
Allonca
e de alí dirección
Pántaras,
toparémonos có maxestuoso Pombal de Allonca. |
![]() |