RUTA TRESVILAR

 
  • Dificultade: Media - baixa
  • Duración: 4 horas
  • Lonxitude: 9 Km.
  • Itinerario: A Fonsagrada - Rozabragada - Aula Verde - Paradanova - A Fonsagrada
  • Percorrido: Comenza na Fonsagrada, no Mirador dos Ancares da Rua Antón Fraguas, Xunto o depósito da auga.

         Comenzaremos a baixar pola pista que cruza un piñeiral de Pinus sylvestris para chegar a dous miradores onde se pode disfrutar das maravillosas vistas dos Ancares e o val do río Suarna.

         Seguiremos baixando para cruza-la estrada Lu-721 para chegar a Rozabragada, unha típica aldea de montaña, onde podemos observar as ruinas dunha antigua casoa coa súa capela, hórreos, tamén podemos beber da fonte.

         Chegaremos a un por un souto de Castañea sativa e carballeiras de Quercus robur no que ademais de disfrutar da paisaxe se poden ver antigos fornos para cocer o cal (caleiros), xunto con cortiños e curripas e unha fonte.

         Pasaremos pola aula verde e durante o seguinte Km poderemos disfrutar dunha espléndida panorámica dos Ancares para atoparnos cóm Camiño Primitivo de Santiago que nos levará ata A Fonsagrada a través dún fermoso bosque percorrido por camiños totalmente encaixados no terreo (Noiros).

  • Descargar tríptico


 



www.fonsaweb.com