Poboación: 7 veciños ?
Distancia a Fonsagrada: 5 Km.
Altitude: 640 m. Código
postal: 27.111
Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740
dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova e chegaremos a S. Pedro
de Neiro.
Hay que ver:
- Iglesia Parroquial .- Iglexa restaurada recentemente. Ten
pranta de cruz latina con tellado a duas augas, feita en mampostería pizarrosa
con tellado de caixasas de pizarra. Destacan o seu espectacular pórtico de
entrada con tres arcos de acceso, o central de maior tamaño e o seu campanario
dividido en dous corpos, o primeiro remata nun telladilño a duas aguas que
cubre as campás e o segundo cun vano arqueado no centro e rematado cun frontón
triangular. Está aberta os domingos pola mañá.
- Casa rectoral?
- Hórreos
- 2 Muíños
- Doce Medorras
- Casa de Demetrio.- 982 340 451
- Casa de Josefa.- 982 350 058
- Casa de Toño.- 982 347 303
- O Santuario do San Benito. (José Manuel Blanco Prado. Artigo publicado
en Croa, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº
8, 1998, Depósito Legal: L-92-91..., páx. 72-77])
A súa festividade celébrase a finais de maio ou principios de xuño.
Os devotos pídenlle ó santo que lles conceda a curación das doenzas da pel,
como poden ser eccemas...; tamén se encomendan por doenzas de tipo reumático.
Entre as promesas máis específicas sinalo as seguintes:
- No día da festividade, oficíase unha misa solemne a unha da tarde.
- Logo sae a procesión que percorre o perímetro do santuario. Nela
participan as imaxes da Virxe de Fátima, do Carme e do S. Benito, que son
levadas en andas por fregueses da parroquia e devotos ofrecidos, de ámbolos
dous sexos.
- Un fregués da parroquia impón o santo por riba da cabeza dos devotos,
mentres recita a seguinte xaculatoria: " Cristo viva, Cristo reine, Cristo te
libre de todo mal. Amén".
- No transcurso do ano, o crego da freguesía, onde está situado o santuario,
ten que celebrar algunhas misas nese recinto sagrado.
- A esmola en metálico, que é a ofrenda máis empregada.
- Algunhas candeas, e tamén exvotos de cera, representando o corpo humano e
algunhas das súas partes:pés, mans, brazos, pernas.
www.fonsaweb.com