Poboación: 27 veciños.
Distancia a Fonsagrada: 16,1 Km.
Altitude: m. Código
postal: 27.135
Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-530 con
dirección a Lugo durante uns 14,8 Km, e o chegar a Paradavella (PK.42,200),
collerase a estrada CP-1903 pola que chegaremos a Airexa tras percorrer 5,4 Km.
Hay que ver:
- Igrexa Parroquial de Sta. María.
- Reloxio de sol na igrexa de Piñeira.- Está Grabado sobre unha lousa de
forma casi cuadrada. Grabadas aparecen duas circunferencias concéntricas
divididas na parte inferior en doce partes. Ten unhas dimensións de
aproximadamente 0.3x0.3 m.
- Hórreo da Casa do Rego.- Construcción de planta cuadrada de 6 x5 m ,
con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas na que
hay un pequeño cúmio horizontal que acusa una moi lixeira forma rectangular da
planta. Os pes son de madira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor
presenta un oco en cada lado. Hay una porta de entrada, duas pequenas ventanas e
enfrente da entrada hay unha porta ventana. O aleiro presenta un ornamento de madeira en forma de onda.
As vigas principias tamén se recortan de forma redondeada no extremo buscando un
certo ornamento e evitando a sua excesiva presencia no lateral.
- Hórreo da Casa do Campelo.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4 m
, con estructura e cerramento de madeira, cuberta de palla que xa non he
circular senon que marca bastante ben a catro augas e ten grandes aleiros, os
pes son tamén de madeira e apoianse sobre a fábrica de pedra de un alpendre.
- Hórreo da Casa de Pardo.- Construcción de planta cuadrada de 4.5 x4.5
m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os
pes son de madira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor esta
totalmente pechado, e presenta una doblr porta na entrada. A escaleira e de
fábrica de pedra.
- Hórreo da Casa de Cabaceira.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5
m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas, as
lousas son de forma rectangular e moi finas. Os pes son de madeira sobre
pilastras de pedra, o cerramento do corredor esta totalmente pechado, as tablas
separanse intencionadamente deixando rendixas para a ventilación. A escaleira e
de bloque de formigón. Debaixo da porta de acceso presentase unha plataforma de madeira en voadizo que fai as
veces de último paso pero sín conexión ca escaleira evitando o paso dos roedores.
- Hórreo da Casa de Bernardo.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m
, con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas, as
lousas son de forma rectangular e moi finas, as limatesas resolvense tamén con
lousa que soluciona o encontro dos dous faldóns nun chaflán . Os pes son de
madeira e estan en mal estado cuestión esta que podría provocar o derrumbe do
hórreo, o cerramento do corredor que non presenta ocos interrumpese na parte dianteira de forma que a
porta exterior esta na parede interior do corredor facendo unha especie de balcón protexido da choiva.
- Hórreo da Casa de Touzón.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m ,
con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas,
presenta un ornamento no aleiro en forma de onda feito en madeira que oculta a
estructura da cuberta. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra, o
cerramento do corredor presenta duas fiestras nos laterais perpendiculares a
entrada que permiten a iluminación e ventilación cruzada, o interior esta moi
ben acabados cunha trampilla de acceso de forma octogonal rematada con molduras.
O último passo da escaleira e un taboeiro que sae en voadizo de debaixo da porta do hórreo. A
escaleira e de fabrica de pedra con barandilla de fábrica de ladrillo enfoscado. O Carpínteiro foi D. Manuel Rego de San martín de Baleira.
-
Asociación de Cultural Os Xílgaros
- Casa de Cabaceira.- 982 154 077
- Casa de Campela.- 982 154 076
- Casa de Juan.- 982 154 078
- Casa de Pardo.- 982 154 075
- Casa de Rego.- 982 154 701
- Casa de Touzón.- 982 174 991
- Casa de Touzón.- 982 154 972
www.fonsaweb.com